Hemeroteca canteira

Fútbol Draft 2014 recoñece o potencial da canteira celeste

RC Celta

fdraft14.jpg

Rubén, Jonny, Costas, Yelko e Mina entre os nominados, 2 canteiráns máis respecto a pasada edición

 

O primeiro Comité Técnico de Fútbol Draft reuniuse onte en Las Rozas para elixir aos 132 novos talentos do fútbol español que optarán a ser galardoados. Entre os seleccionados atópanse cinco promesas do Real Club Celta: Rubén Blanco, Jonny, David Costas, Yelko Pino e Santi Mina.

 

O porteiro Rubén Blanco, de 18 anos, o lateral Jonny, que acaba de cumprir 20, o central David Costas, de 18, o centrocampista Yelko Pino, de tan só 17 e o dianteiro Santi Mina, de 18 anos, son os representantes da canteira celeste en Fútbol Draft 2014, entidade que recoñece cada ano aos novos talentos do fútbol español. O equipo vigués dispón nesta ocasión de cinco xogadores situados entre os mellores de España con idades comprendidas entre os 16 e os 20 anos, dous máis que na pasada edición, proba do enorme potencial da canteira céltica e do continuo crecemento que está a experimentar.

 

Santi Mina estivo nomeado na edición de 2013, mentres que Rubén Blanco foi elixido terceiro mellor porteiro e Jonny segundo mellor lateral destro, do mesmo xeito que Hugo Mallo na edición de 2012. Estes logros referendan a aposta do RC Celta polo fútbol base, unha filosofía que se converteu en alicerce do club grazas á confianza e apoio dunha afección que asumiu o proxecto de canteira como un aceno de identidade.

 

www.futboldraft.com

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas