Hemeroteca canteira

Fútbol Draft 2016 nomina a catro canteiráns celestes

RC Celta

canteranosfutboldraft2016

 

Arranca unha nova edición de Futbol Draft, premios organizados ao amparo dos estamentos oficiais do fútbol español (CSD, RFEF, LFP, AFE e AEAF) que premian aos mellores e as mellores futbolistas de entre 16 e 20 anos. O Celta volve ter un ano máis unha importante presenza. Catro xogadores representan á canteira celeste na primeira lista de 132 novas promesas: o porteiro Iván Villar, o defensa Diego Alende, o mediocentro Pape Cheikh e o mediapunta Brais Méndez.

 

Nas próximas semanas catro comités técnicos irán reducindo a selección de 132 a 77, 55 e finalmente, 33 xogadores que comporán os onces de Ouro, Prata e Bronce da canteira española. A notable presenza do RC Celta noutra edición destes prestixiosos premios supón un novo recoñecemento ao sólido traballo de fútbol base que realiza o club e a Fundación Celta, así como da ilusión e confianza coa que a afección sempre apoiou o proxecto de canteira céltico.

 

Lista completa aquí

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas