Profunda alegría e satisfacción no RC Celta e a Fundación pola convocatoria de Gabri Veiga coa Selección Española Sub-18 para disputar a prestixiosa Copa do Atlántico. O xogador celeste concentrarase en Las Palmas de Gran Canaria entre o 27 de xaneiro e o 1 de febreiro para medirse a Eslovaquia, Xapón e México.
Gabri Veiga colle a testemuña de Iker Losada, que disputou e conquistou o mesmo torneo hai un ano. Anteriormente fixérono outros canteiráns que actualmente están no primeiro equipo como Brais Méndez, Pape Cheikh ou Santi Mina.
Esta convocatoria pon en valor o traballo diario que a Fundación e o club realizan na formación de xogadores nas categorías inferiores do RC Celta.