GAEL 16-9
Celta Fortuna

Gael Alonso despídese do Celta tras unha vida de celeste

RC Celta

O Celta quere expresar o seu agradecemento a Gael Alonso, capitán do Celta Fortuna, que pon fin á súa etapa no club tras finalizar o seu contrato e emprender unha nova etapa deportiva.

Gael chegou á entidade celeste sendo un neno, en categoría benjamín B, e desde entón representou con orgullo e compromiso os valores do club durante máis dunha década. Capitán do filial celeste, sempre foi un referente polo seu compromiso, traballo e entrega sendo unha peza crave dentro do vestiario.

Agora, Gael Alonso ten por diante novos retos deportivos para os cales o Celta quere desexarlle o maior dos éxitos.

Esta sempre será a túa casa. Grazas, capitán!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta Fortuna

Noticias recomendadas