20221017_MíchelSalgado_Germain Miller_FursanHispaniaFC_3
A Canteira

O RC Celta incorpora ao primeiro xogador do acordo de colaboración coa Fursan Hispania FC Academy de Dubái

RC Celta

O acordo de colaboración, asinado en xuño de 2017 e que levou ás Instalacións Deportivas da Madroa a xogadores formados na Fursan Hispania FC Academy, vive un día en grao sumo especial coa incorporación definitiva do primeiro xogador ás categorías inferiores do RC Celta.

Míchel Salgado, exxogador do RC Celta e director da Fursan Hispania FC Academy de Dubái, valora a chegada de Germain Miller, de 16 anos, ao Xuvenil B do club: “É un día especial na historia de Fursan e na historia deste acordo. Temos a varios nenos neste camiño e Germain é o primeiro que queda no RC Celta. Este é un acordo futbolístico e que Germain estea aquí indica que o que estamos a facer alí é algo máis. Esta é unha unión de desenvolvemento, de fútbol e de canteira”.

“Para nós é algo espectacular. Este acordo está a ser clave no desenvolvemento do noso club. Aos nosos xogadores con máis futuro achégalle un extra de competitividade que dá o fútbol europeo e volven a Dubái totalmente renovados como persoas, a nivel futbolístico e mental”, afirma Michel Salgado.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas