A Selección de Guinea Ecuatorial convocou a Iban Salvador, futbolista do Celta B, de face ao partido clasificatorio para a Copa Africana de Nacións ante Sudán que o combinado guineano disputará o próximo 8 de setembro en Malabo. O atacante celeste non estará dispoñible por tanto para o partido ante o Sanse en Barreiro (domingo 9, 12:00).
Os tamén xogadores do filial Riki Mangana e Din Alomerovic foron convocados polas Sub-21 de Venezuela e Macedonia respectivamente, pero non poderán acudir á chamada dos seus seleccionadores ao estar de baixa por lesión.