A Gymkana Infantil en Abanca Balaídos é un Circuíto innovador e divertido deseñado para ofrecer unha experiencia inesquecible aos celtistas de ata 14 anos.
Ademais de coñecer zonas exclusivas do estadio, esta versión especial do Circuíto conta con distintas actividades recreativas e lúdicas para facer a visita aínda máis emocionante: visita ao Museo, terreo de xogo, vestiario, sala de prensa e xogos como o “Quiz do Centenario”, “Carrera Celeste”, “Que despacho de billetes é?” ou “Adestrador, Xornalista ou Xogador”.
As inscricións para a Gymkana Infantil xa están abertas por 14€ por neno/a, cun agasallo seguro para todos os participantes. Entra AQUÍ e reserva a túa entrada!