Resultados 2021-2022
A Canteira

Horarios da canteira do RC Celta (11 e 12 de decembro)

RC Celta

A fin de semana da canteira comezará este sábado ás 10:00 en A Madroa coa sexta xornada ligueira para Alevín A e Alevín B, que reciben a CD Areosa e AD Lavadores B, respectivamente. Neste mesmo escenario arrincará ás 11:30 a undécima xornada de División de Honra para un Cadete A que recibe á UD Santa Mariña, mentres que o Xuvenil B visitará un cuarto de hora máis tarde ao CD Areosa en A Xunqueira na xornada 13 de Liga Nacional. O Benxamín B pechará a mañá en A Madroa ás 13:00 contra o CD Choco C. Xa pola tarde, o Infantil B enfróntase na décima xornada de Liga ao UD Comesaña en A Xunqueira, mentres que o Infantil A despide o día medíndose ao Pabellón ED Ourense ás 18:00 en Os Remedios no duelo da décimo terceira xornada de Liga Galega.
O domingo arrincará coa undécima xornada de Liga Galega dun Cadete B que visita ao Alondras CF en O Morrazo ás 11:00. Unha hora máis tarde, o Celta B recibe ao CF Talavera de la Reina en Barreiro na décimo sexta xornada de Primeira RFEF Footters. Mesmo horario para un Xuvenil A que visita ao Pabellón Ourense CF en Os Remedios na xornada 15 de División de Honra. Por último, o Celta C – Gran Peña pecha a primeira volta de Preferente Sur nun duelo ao grande ante o CD Valladares (A Gándara, 16:30).

Resultados da xornada intersemanal

O Cadete B impúxose o pasado martes en A Madroa á UD Santa Mariña (5-0), mentres que o Infantil A e o Infantil B venceron o mércores nas instalacións celestes a Pabellón Ourense CF (3-1) e Rápido Pereiró CF (5-0), respectivamente. Pola súa banda, o Cadete A venceu tamén o mércores por 4-2 a Madrid Euro Soccer Academy en A Madroa e este xoves o Alevín B venceu ao Areas de Alcabre SCD (0-10) en Pahiño.
Ademais, os equipos alevíns e benxamíns tiveron os seguintes resultados nos torneos disputados entre o pasado luns e mércores:

Alevín A (VI Torneo Tucho de la Torre – campións)

1ª fase | RC Celta – Rápido de Bouzas (2-0)

1ª fase | RC Celta – EF Portero 2000 (10-0)

1ª fase | RC Celta – ED Xuventude Oroso (5-1)

1ª fase | RC Celta – CD Conxo Santiago (3-0)

1ª fase | RC Celta – Pabellón Ourense CF (3-0)

1/4 final | RC Celta – CD Lugo (3-0)

1/2 final | RC Celta – Rápido de Bouzas (8-1)

Final | RC Celta – RC Deportivo (3-1)

Alevín B (Cuadrangular Baiona)

RC Celta B – ED Val Miñor (3-1)

RC Celta B – Erizana CF (2-0)

RC Celta B – Cristo Victoria SD (9-0)

Benxamín A (VI Torneo Tucho de la Torre – campións)

1ª fase | RC Celta – Rápido de Bouzas (7-0)

1ª fase | RC Celta – EF Portero 2000 (7-0)

1ª fase | RC Celta – ED Xuventude Oroso (3-0)

1ª fase | RC Celta – CD Conxo Santiago (3-0)

1ª fase | RC Celta – Pabellón Ourense CF (4-0)

1/4 final | RC Celta – CD Choco (7-2)

1/2 final | RC Celta – CD Conxo (7-0)

Final | RC Celta – RC Deportivo (3-2)

Benxamín B (Cuadrangular Baiona)

RC Celta B – Erizana CF (5-1)

RC Celta B – UD Santa Mariña (1-2)

RC Celta B – ED Val Miñor (0-4)

 

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas