Despois do amigable do Infantil A este venres ás 19:15 na Madroa ante Escola Fútbol DSF, a fin de semana da canteira comezará este sábado cun dobre enfrontamento ás 10:00. Por unha banda, o Infantil B recibe na Madroa á UD Comeseña na xornada 21, mentres que o Benxamín B visita Pardellas para medirse á SD Ponteareas no décimo encontro da segunda fase. Mesma xornada para un Benxamín A que, unha hora máis tarde, enfróntase no Baltasar Pujales ao Rápido de Bouzas, mentres que o Cadete A pecha a mañá ás 12:00 na Madroa ante neste mesmo equipo na vixésimo primera xornada de División de Honra.
A tarde iniciarase cun triplo enfrontamento ás catro: o Cadete B visita Cotogrande para medirse á UD Santa Mariña B na xornada 21 de Liga Galega, mentres que os equipos alevíns disputan a xornada 10 da segunda fase ante CD Areosa e ED Val Miñor B, respectivamente. O Alevín A, ademais, disputa o domingo ás 12:00 a segunda xornada do Torneo Conservas Calvo medíndose ao EFM Concello de Boiro en Vista Alegre. Por último, o Celta B despide o sábado coa vixésimo séptima xornada do grupo I de Primeira RFEF Footters véndose as caras ante o CD Tudelano ás 16:30 en Barreiro.
O domingo comezará ás 12:00 coa xornada 23 de Liga Nacional para un Xuvenil B que se mide ao Colexio Hogar SR na Madroa. Nas instalacións celestes terá lugar ás 12:30 a vixésimo cuarta xornada de División de Honra para o Xuvenil A, que recibe ao Ural Español CF. Por último, o Celta C – Gran Peña pon o peche ao fin de semana ás 17:00 coa xornada 23 do subgrupo 2A de Preferente Sur ante o CD Ribadumia na Senra.
Celta b