A fin de semana da canteira dará comezo o sábado ás 10:15 coa visita do Benxamín B a Monte da Mina fronte o Racing Castrelos FC na segunda xornada de Liga. Neste mesmo escenario xogará o Alevín B, que se enfronta ás 10:45 ao Racing de Castrelos FC D no seu primeiro partido a domicilio. Entre medias disputarase o segundo encontro ligueiro do Benxamín A, que visita ao Colexio Hogar SR ás 10:15, mentres que o Infantil B recibe ao Colexio Apóstol en A Madroa ás 10:30 na cuarta xornada. O último partido da mañá corresponde á novena xornada de Liga Nacional para o Xuvenil B, que recibe ao Alondras CF en A Madroa ás 12:00.
Xa en horario vespertino, o Cadete A recibe á SD Compostela ás 16:00 na sétima xornada de División de Honra, mentres que o Infantil A visita ás 18:00 ao CD La Purísima en Oira. A esta mesma hora xogará o Cadete B, que ten xornada de descanso en Liga, un encontro amigable en A Madroa fronte o Ourense Cf.
O domingo abrirase coa visita do Alevín A a Pahiño para medirse ao CP Alertanavia ás 11:00. Unha hora despois medirase o Celta B ao Real Valladolid Promesas en Barreiro na disputa da duodécima xornada de Primeira RFEF Footters; mesmo horario para un Xuvenil A que visita ao Real Oviedo en O Requexón na duodécima xornada de División de Honra. Pola súa banda, o Celta C – Gran Peña visitará ao Xuventude Sanxenxo ás 16:45 en Baltar de Arriba.
Esta fin de semana tamén se celebrará en Tarragona a última xornada da tempada 2019/2020 de LaLiga Genuine Santander. O Fundación Celta Integra enfrontarase o sábado pola mañá ao Atlético de Madrid ás 11:30, mentres que pola tarde medirase ás 18:30 ao Albacete CF. O último encontro terá lugar o domingo pola mañá, véndose as caras fronte o CD Tenerife ás 10:30.