A fin de semana da canteira comezará este sábado ás 10:00 coa segunda xornada da segunda fase de competición para os equipos alevíns, que reciben na Madroa a ED Val Miñor e San Miguel CF, mentres que o Benxamín B visita á mesma hora á ED Val Miñor B en Ureca. A media mañá terá lugar a décimo terceira xornada de liga para un Infantil B que se enfronta ao CP Alertanavia ás 12:00 en Pahiño. Quince minutos máis tarde terá lugar a xornada 14 de Liga Galega para o Cadete B, que renderá visita ao CD Ribadumia na Senra. Idéntica xornada de competición para un Cadete A que pecha o día enfrontándose ao Arousa SC ás 12:30 na Madroa.
O domingo arrincará coa décimo sexta xornada de Liga Galega para o Infantil A, que se verá as caras ante o Porriño Industrial FC en O Lourambal ás 10:30. O prato forte da fin de semana terá lugar ás 12:00 na Madroa cos dezaseisavos de final da Copa do Rey Xuvenil, unha competición na que o Xuvenil A estréase véndose as caras ante o RC Deportivo da Coruña. Por último, o Celta C – Gran Peña disputará o seu primeiro partido do 2022 disputando a xornada 14 de Preferente Sur ás 16:30 ante o Portonovo SD en Baltar.