A fin de semana da canteira comezará este sábado ás 10:00 coa visita do Benxamín B ao Colegio Apóstol na sétima xornada ligueira, mesma xornada ligueira para un Benxamín A que visita ao Coruxo FC en Fragoselo ás 11:40 despois de derrotar á UD Santa Mariña o pasado luns por 9-1. Entre medias, o Infantil B recibe en A Madroa á AD Lavadores na xornada 11 ás 11:00. Unha hora máis tarde xogará o Infantil A en Vilar de Astres ante a UD Ourense na disputa da décimo cuarta xornada de Liga Galega. Pola súa banda, o Xuvenil B pechará a mañá en A Madroa medíndose ao Racing de Ferrol ás 12:30 na xornada 14 de Liga Nacional.
Pola tarde disputarase a décimo segunda xornada de Liga Galega para un Cadete B que visita na Gándara ao CVC Valladares ás 16:00. O sábado despedirao o Xuvenil A ás 18:00 coa xornada 16 de División de Honra ante o CD Lugo en A Madroa.
O domingo arrincará ás 11:30 coa décimo segunda xornada de División de Honra para o Cadete A, que recibe ao Pabellón Ourense CF en A Madroa e, por último, un dobre duelo ás doce da mañá. Por unha banda, o Celta B visita a cancha do CD Tudelano na disputa da xornada 17 de Primeira RFEF Footters. Doutra banda, o Celta C – Gran Peña enfróntase no Municipal de Meis ao Pontevedra CF B na primeira xornada da segunda volta.
Os equipos alevíns disputarán a Media Gol Cup
O Alevín A y o Alevín B, que derrotou o pasado mércores ao San Miguel CF por 1-5, viaxaron a Cornellà para disputar a XI Media Gol Cup 2021. Os horarios da fase de grupos son os seguintes:
Alevín A
Sevilla FC – RC Celta (17/12 – 16:00)
RC Celta – K Tech Academy (17/12 – 19:30)
RC Celta – Sant Cugat FC A (18/12 – 10:00)
PSG – RC Celta (18/12 – 13:30)
RC Celta – UFB Jàbac i Terrassa A (18/12 – 17:00)
Alevín B
RC Celta – Elite Football (17/12 – 17:30)
RC Celta – EC Granollers (17/12 – 21:00)
RC Celta – Levante UD (18/12 – 14:30)
RCD Espanyol – RC Celta (18/12 – 18:00)