A fin de semana comezará o sábado cos equipos alevíns, que se enfrontan ante Rápido de Bouzas (Baltasar Pujales, 11:00) e Escola Fútbol DSF B (Penedo Redondo, 10:00). Unha mañá que se pechará na Madroa coa undécima xornada de liga de o Benxamín B ante o Sporting Guardés B.
Pola tarde, dobre encontro a domicilio. A SD Compostela recibe ao Xuvenil A en Santa Isabel na vixésimo quinta xornada de División de Honra, mentres que o Cadete A disputa a xornada 22 ante a UD Santa Mariña en Cotogrande.
O domingo iniciarase con senllos encontros amigables de Alevín B e Benxamín A as 10:00 na Madroa ante os seus homólogos da EF Peloteros. Ás 11:30, o Xuvenil B visita ao Arousa SC no Manuel Jiménez na vixésimo cuarta xornada de Liga Nacional e, quince minutos máis tarde, o Infantil A disputa a xornada 25 de Liga Galega ante o Pabellón Ourense CF en Os Remedios. Tripla ración celeste ás doce: o Celta B enfróntase ao Zamora CF (xornada 28, Ruta de la Plata), o Cadete B recibe ao Alondras CF (xornada 22, A Madroa) e o Alevín A xoga ante a SD Compostela (xornada 3 de Conservas Calvo F11, A Madroa). Pola súa banda, o Celta C – Gran Peña despide a fin de semana recibindo na Madroa ao CD Valladares ás 17:00 en Barreiro na última xornada da fase regular de Preferente Sur.
U13 Dubai Intercontinental Football Cup | Infantil B
RC Celta B – Zed FC B (venres 18, 14:00)
RC Celta B – Al Wasl FC (sábado 19, 6:00)
RC Celta B – PSD Eindhoven (sábado 19, 14:00)