Resultados 2021-2022
A Canteira

Horarios da canteira do RC Celta (5 e 6 de marzo)

RC Celta

A fin de semana da canteira comezará este sábado coa vixésimo terceira xornada de Liga Galega para un Infantil A que recibe na Madroa á UD Atios ás 10:30. Máis tarde chega a novena xornada dos equipos alevíns, que xogan a domicilio ante ED Val Miñor (12:20, Condomínguez) e San Miguel CF (11:15, A Pirucha). Ás 12:15 o Cadete B xoga ante o CD Choco en Santa Mariña na xornada 20 de Liga Galega e o Benxamín B recibe na Madroa á ED Val Miñor B na novena xornada. Pola tarde, o Xuvenil B visita ao Racing Villalbés ás 16:00 na xornada 22 de Liga Nacional, mentres que o Cadete A mídese en casa da AJ Lérez ás 20:00 na vixésima xornada de División de Honra.
O domingo comezará ás 12:00 coa xornada 20 de Preferente Sur para un Celta C – Gran Peña que recibe ao Céltica CF en Barreiro. A fin de semana de partidos oficiais péchase ás 12:15 cun dobre enfrontamento: o Xuvenil A visita á ED Val Miñor (xornada 23) en Condomínguez, mentres que o Infantil B mídese no Novo Mirador de Beade ao Rápido de Pereiró CF (xornada 20). Pola súa banda, o Benxamín A disputa o Torneo de Silleda, no que se verá as caras ante Escola Estrada FB, Cidade de Ribeira CF, Pavillón Ourense CF, Bertamiráns FC, Selección Deza e RC Deportivo da Coruña.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas