Resultados 2021-2022
A Canteira

Horarios da canteira do RC Celta (29 e 30 de xaneiro)

RC Celta

A fin de semana da canteira comezará este sábado ás 10:00 coa décimo oitava xornada de Liga Galega para un Infantil A que visita á UD Santa Mariña en Cotogrande. Media hora máis tarde será a quenda do Infantil B, que visita na Parada ao Chapela CF na xornada 15, mentres que Alevín B e Benxamín A pecharán a mañá ás 13:00 na Madroa recibindo, respectivamente, á Escola Fútbol DSF (xornada 4 da segunda fase) e UD Santa Mariña Alevín (amigable). O Cadete B abrirá a tarde visitando a cancha do Colexio Hogar SR ás 15:45 na décimo sexta xornada de Liga Galega. Ás 16:00 terá lugar a xornada 18 de Liga Nacional para un Xuvenil B que se mide ao CD Conxo en Santa Isabel. Pola súa banda, o Celta B despide o día medíndose ao Bilbao Athletic ás 17:00 en Abanca Balaídos, correspondente á vixésimo primeira xornada de Primeira RFEF Footters.
O Xuvenil A abre o domingo véndose as caras ás 11:30 na Madroa ante o CD Bezana no encontro adiantado da vixésimo segunda xornada de División de Honra. Quince minutos máis tarde, na Xunqueira, o Cadete A enfróntase ao CD Areosa na xornada 16 de División de Honra. Por último, o Celta C – Gran Peña pon o punto e final ao fin de semana rendendo visita ás 12:00 na Bouza ao Umia CF na xornada 16 de Preferente Sur.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas