Resultados 2021-2022
A Canteira

Horarios da canteira do RC Celta (8 e 9 de xaneiro)

RC Celta

A fin de semana da canteira comezará este sábado co inicio da segunda fase da competición para os equipos de fútbol 8. Os alevíns enfróntanse a CP Alertanavia (Pahiño, 11:00) e Racing Vilariño (San Pedro, 12:00), mentres que os benxamíns enfrontaranse ás 13:00 na Madroa a Cristo da Vitoria SD e AD Montecastelo. Pola súa banda, o Xuvenil B despedirá o día na disputa da xornada 15 de Liga Nacional ante o CD Lugo B ás 18:00 na Cheda.
O domingo arrincará coa décimo terceira xornada ligueira dos equipos cadetes, que ven as caras ante Coruxo FC (Fragoselo, 10:00) e Salgueiriños CF (A Madroa, 10:15), mentres que ás 10:45 disputará o Infantil B a decimosegunda xornada de Liga ante o Cristo da Vitoria SD ás 10:45 na Madroa. Dobre ración celeste ás doce: o Celta B recibe ás 12:00 á SD Logroñés en Barreiro na décimo oitava xornada de Primeira RFEF Footters, mentres que o Xuvenil A pecha a primeira volta medíndose ao Pontevedra CF en Xeve. Por último, o Infantil A mídese na Madroa á EDC Verín ás 12:15 na xornada 15 de Liga Galega.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas