Resultados 2021-2022
A Canteira

Horarios da canteira do RC Celta (8, 9 e 10 de abril)

RC Celta

A fin de semana comezará o venres con senllos amigables na cidade deportiva da SC Braga por parte de Cadete B (17:15) e Alevín B (19:00), equipo que tamén xogará o domingo ás 11:00 ante a UD Ribeira nunha nova xornada ligueira na Madroa.
O Benxamín A dará o pistoletazo de saída aos encontros do sábado na Madroa ás 10:00 ante a UD Mos, mentres que Alevín A e Benxamín B xogan fóra de casa ás 11:45 ante UD Mos e Oiense CF, respectivamente. Pola súa banda, o Xuvenil B pecha a mañá na Madroa ante o Ural CF B ás 12:00.
Pola tarde, o Celta B mídese á UD Sanse ás 17:00 en Barreiro na trixésimo primeira xornada de Primeira RFEF Footters, mentres que o Infantil B despide o día enfrontándose á mesma hora á AD Vila do Corpus en Angoares.
O domingo iniciarase na Madroa coa vixésimo octava xornada de División de Honra para un Xuvenil A que recibe ao Real Oviedo ás 11:00, mentres que media hora máis tarde o Alevín A enfróntase á ED Xuventude Oroso na Penela na quinta xornada do Conservas Calvo F11. Dobre enfrontamento celeste a domicilio ás doce por parte de Cadete A (ED Xuventude Oroso) e Infantil A (AJ Lérez). Por último, o Celta C – Gran Peña visita ao CD Cultural Areas ás 17:00 na Lomba na terceira xornada da fase de ascenso.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas