imagen horizontal campeonato de dominó
Fundación

II Campionato de dominó da Fundación Celta 2022

RC Celta


 

O próximo 19 de novembro, celebrarase no Salón Regio da Sede o II Campionato de dominó da Fundación Celta. Os interesados en participar poderán facelo chamando desde o 17 de outubro ao 15 de novembro -de luns a venres de 10:00h a 15:00h- ao 666 533 366 ou ao 666 533 287 por un prezo por participante de 25€.

O formato de xogo segue o sistema suízo e as prazas están limitadas a un máximo de 60 parellas.

Horario: 19 de novembro: de 9:30h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h

Os diferentes participantes, -que recibirán un agasallo de benvida- poderán gozar de diversos premios, dependendo da súa posición. Tamén haberá un sorteo entre o resto de participantes e un cóctel como peche do evento.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas