formación NOTICIA_DESTACADA 1300 X 400px
Novas fundación

III Xornadas de Formación en torno ao adestramento

RC Celta

 

O pasado luns e martes, 28 e 29 de decembro, levaron a cabo as III Xornadas de Formación en torno ao adestramento que organiza o Departamento de Escolas Nacionais e Clubs Convidos da FUNDACION CELTA. A formación encádrase dentro do plan formativo que a Fundación Celta ten acordado cos clubs que teñen Escolas e/ou Convenios, e está dirixida aos adestradores de todas as categorías deses clubs. Ademais este ano fíxose extensible tamén ás Escolas Internacionais, ao ter que levar a cabo por vídeo conferencia #ante a imposibilidade de poder realizalo presencialmente polas medidas restritivas relacionadas co COVID para reunións e desprazamentos. Congregáronse os dous días case cen adestradores de diferentes localizacións tanto local, como rexional, nacional e internacional. Un éxito rotundo de asistencia e un éxito rotundo en canto á calidade dos relatorios impartidos unha vez mais por profesionais do noso club, tal como deixáronnos constancia todos os asistentes nas valoracións realizadas posteriormente. A primeira xornada do luns contou coa presenza de Diego Tuñas que nos falou do adestramentos de porteiros en CCII e de Alex Andujar que mostrou os seus métodos de traballo na preparación física do primeiro equipo do RCCelta. Xa o martes, Claudio Giraldez toco aspectos tácticos centrándose nas transicións ataque defensa, e Juan Amoedo fíxonos   ver como leva a cabo o proceso de análise tanto propio como dos rivais no equipo filial. Con estas xornadas preténdese contribuír a reforzar a formación dos adestradores de clubs ligados á Fundacion Celta e entre todos poder dar unha mellor formación aos novos futbolistas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas