ESCUDO-1300x400-01
Celta b

Iker Losada será celeste ata 2025: “Estou na miña casa, é un orgullo enorme”

RC Celta

Leva a camiseta celeste desde que era alevín, once anos atrás. E levaraa ata 2025. O RC Celta asegúrase a continuidade dun dos seus canteiráns con máis talento e proxección. Iker Losada referenda a aposta de futuro do club xa consolidada coas recentes renovacións de Carlos Domínguez e Gabri Veiga.

Losada (Catoira, 1 de agosto de 2001), internacional coa selección española Sub-18 e Sub-19, acumula 68 partidos co filial celeste, nos que mostrou unha gran versatilidade, xa que ocupou diversas posicións tanto en ataque, como extremo, interior ou punta, como de defensa, de lateral e carrileiro. Disputou ademais catro partidos co primeiro equipo, nos que logrou anotar un gol.

“É un orgullo, estou contentísimo poir min e por toda a miña familia. É unha alegría enorme para todos e para min supón estar en casa e xogar onde quero”, comentou o canteirán, quen reiterou que “estou é a miña casa, o RC Celta é parte da miña familia”.

“Desde alevíns este foi sempre o meu equipo e canto máis tempo estea máis contento e feliz vou estar”, engadiu Iker Losada.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas