Os canteiráns venceron na Madroa a un rival directo por 3-0
O Celta Xuvenil División de Honra colleitou esta mañá na Madroa unha vitoria moi importante ante un rival directo, o Racing de Santander. Os celestes foron superiores e selaron o triunfo con gol de Fede Varela e dous de Manu Vilán. Con esta vitoria o equipo céltico, terceiro na táboa, iguala a puntos ao Santander e queda a tan só dous do primeiro posto.