Xa están abertas as inscricións para os Clínisc de Semana Santa do RC Celta que durante 3 días levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 14, martes 15 e mércores 16 de abril.
As sedes confirmadas son as seguintes:
A Madroa (Vigo) – Luns, martes e mércores.
Vilalonga (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
A Guarda (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
Moraña (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
Ribadavia (Ourense) – Luns, martes e mércores.
Na sede de A Madroa ademais do clínic habitual tamén temos as seguintes modalidades específicas:
Clínic de Porteiros Sergio Álvarez – Luns, martes e mércores.
Clínic de Feminino As Celta – Luns, martes e mércores.
Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando segundo a metodoloxía da canteira do RC Celta, o equipo de futbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de mozos xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.
Un agasallo de Semana Santa excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do fútbol e do RC Celta.
As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte o teu posto e gozar ao grande do fútbol da man do RC Celta e os seus adestradores. As inscricións estarán abertas ata o venres, 11 de abril, ás 12:00h. A través da propia web do RC Celta poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados. Más de 20 anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.
Obtén máis información e tramita a túa inscrición accede AQUÍ.