onosominiderbi-alende-barreiro-deportivo-fabril-celta-vigo-2017.jpg
A Canteira

Intenso e sen goles: o Celta mereceu máis na versión B do clásico galego

RC Celta

Intenso choque o vivido en Barreiro entre Celta B e Deportivo Fabril, o clásico galego na súa versión de filiais. O cadro celeste foi superior nun partido eléctrico, de ida e volta, no que as ocasións foron máis e mellores ao lado vigués, algunhas delas tan claras que provocaron berros afogados de gol na bancada.

A falta de definición prolongou a igualdade no marcador ata un tramo final no que os de Albés tomaron definitivamente o control do encontro. Os célticos espreméronse ata o último minuto, incluído o porteiro Jero que asinou un par de extraordinarias intervencións. O gol non chegou a pesar dos méritos celestes.

Como curiosidade, este sábado Celta e Deportivo protagonizaron tres derbis (de filiais, Xuvenís B e Cadetes A) e todos eles finalizaron en empate (0-0, 1-1, 3-3).

FICHA TÉCNICA

0-CELTA B: Jero, Kevin (Pampín, min.73), Costa, Alende, Riki, Rai, Molina, Pastrana (Agus, min.60), Drazic (Aarón, min.82), Juan Hdez., Dennis.

0-FABRIL: Francis, Blas, Raúl González, Quique, Caballo, Martín, Ismael Díaz, Queijeiro, Uxío (Pedro, min.82), Romay (Gaizka, min.82), Galn.

Goles: sin goles.

Árbitro: Bueno Prieto, do comité madrileño. Amonestou a Kevin (Celta); Caballo, Raúl González (Fabril).

Campo: Barreiro (1.500 espectadores).

Observacións: o capitán do Celta B, Kevin Vázquez, retirouse lesionado nol minuto 73.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas