Hemeroteca canteira

Inxusto e duro castigo para o Celta B en Barreiro

RC Celta

celta_b_lealtad_web_27316.jpg

 

O Celta B realizou un despregue físico enorme, un derroche de ganas e ambición que non só non obtivo o premio merecido, senón un duro castigo. Os celestes dispuxeron na segunda metade dun bo número de ocasións para desnivelar o empate co que acabou a primeira parte, pero non acertaron no remate final. En nos últimos minutos, o Lealtad anotou dous tantos en xogadas illadas para levarse o partido de xeito inxusto.

 

O Celta B puxo desde o arranque a intensidade e a intención que requiren a súa situación na táboa. En fronte, un conxunto ordenado e rocoso que defendía con solvencia e atacaba con gran verticalidade. Aos 10 minutos, unha gran combinación en ataque deixou a Fragapane fronte a Porrón, pero o seu remate, escorado, foi despexado baixo os paus por un defensor.

 

Pouco despois, a madeira evitou un tanto de Luís Rioja de cabeza tras un centro de Samu. E aos 18 minutos, Borja Iglesias puxo o balón ao corazón do área para que Fragapane aloxase o coiro na rede. Merecido o tanto do filial que dominaba e empuxaba con convicción.

 

A madeira freou aos 22 minutos un remate cruzado de Beda na primeira chegada clara do Lealtad. O partido non tiña pausa. E pouco despois, de novo o pau parou ao Celta B. Aí acabou un remate de Luís Rioja tras un centro de Goldar. Intercambio de golpes e encontro vivo e intenso. Aos 28 minutos, un erro no despexe deixou a Jorge só fronte a Iván Villar, quen non puido evitar o empate.

 

Tralo descanso, gol anulado por fóra de xogo a Borja Iglesias tras un gran pase de Jordan. O filial volvía apertar en busca dun tanto que desnivelase o choque. Porrón desviou un cabezazo de socato de Borja Iglesias aos 10 minutos nunha gran ocasión para os celestes, que se envorcaban sobre a área rival nesta fase do encontro.

 

Os célticos foron acumulando chegadas e ocasións, algunhas moi claras, pero sen acerto. E acabouno pagando. O Lealtad anotou dous tantos nos instantes finais para levarse o partido de xeito inxusto. 

 

1-Celta B: Iván Villar, Goldar, Riera, Jonathan de Amo, Samu, Borja Fernández, Jordan, Fragapane, Luis Rioja, Pedro Martin (Guille, min.81) e Borja Iglesias

 

3-CD Lealtad: Porrón, Keko, Blanco, Raúl Aguilar (Espina, min.41), Cuello, Mendi, Llano, Muñiz (Álex, min.61), Espina, Jorge e Beda (David, min.79)

 

Goles: 1-0, min.18: Fragapane; 1-1, min.29: Jorge; 1-2, min.86: Álex; 1-3, min.88: David

 

Árbitro: González Martin, do comité das Palmas. Amonestou a Llano

 

Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado de Bruxelas. Os xogadores do Celta B luciron unha camiseta de ánimo ao porteiro Néstor, recentemente operado

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas