O Real Valladolid e o RC Celta pecharon a cesión con opción de compra de Iván Garriel ao filial celeste. O mozo lateral esquerdo de 19 anos, unha das promesas máis destacadas da canteira blanquivioleta, convértese no terceiro reforzo do Celta Fortuna para a presente tempada.
O iscariense, internacional coa sub-17 e sub-19, vén de disputar minutos durante a pasada campaña co equipo valisoletano en Segunda División e en Copa del Rey. Agora, aterra en Vigo para achegar calidade e solidez á defensa do Fortuna.
Benvido, Iván!
A Canteira