RENOVACIÓN JAVI 16X9
A Canteira

Javi Rodríguez renova co club da súa vida ata 2028

RC Celta

O canteirán, Javi Rodríguez, amplía a súa vinculación co RC Celta ata 2028. O xogador, cun gran protagonismo no primeiro equipo, revalida o seu compromiso co club que o viu crecer por catro tempadas máis.

Natural de Poio, Javi Rodríguez chegou á Madroa en categoría Benjamín B e desde entón escalou cada unha das categorías que conforman a canteira ata converterse nun xogador importante para o conxunto que dirixe Claudio Giráldez.

A súa calidade, a súa saída de balón e esa valentía defensiva que lle caracteriza levárono a asentarse con forza na dinámica do primeiro equipo. Con máis de 4.400 minutos defendendo a camiseta celeste, 6 goles e 2 asistencias, Javi debutaba co RC Celta o 1 de novembro de 2023 na vitoria ante o Turégano CF en Copa do Rey.

De corazón e sangue celeste, a traxectoria de Javi Rodríguez transcorre na súa totalidade nas instalacións deportivas da Madroa onde o defensa chegaba con tan só 7 anos. Aquel neno que cargado de ilusión fantaseaba con ser futbolista viu o seu soño feito realidade no club celeste. Catorce anos de traballo, esforzo e dedicación leváronlle a debutar en LALIGA EA SPORTS na primeira xornada da tempada 24/25 ante o Deportivo Alavés en Abanca Balaídos. Desde ese momento, Javi Rodríguez participa cada fin de semana na máxima categoría do fútbol español chegando a ser destacado pola eficacia dos seus pases, o que o converte nunha das principais revelacións da tempada.

O RC Celta quere darlle o parabén ao mozo canteirán e reafirmar así a súa plena confianza no fútbol base e nos valores que este promove.

Parabéns, Javi!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas