20250314_CELTAFORTUNAvsSESTAORIVER_Diego_18_Joel_Lopez_247
A Canteira

Joel López, celeste hasta 2028

RC Celta

O RC Celta segue apostando forte pola canteira coa renovación de Joel López por tres tempadas máis.

Joel viviu un duro revés a pasada tempada ao sufrir unha grave lesión durante o play-off de ascenso, que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante boa parte do curso 2024/25. Con todo, o seu regreso en febreiro marcou un punto de inflexión. Nos poucos meses desde a súa volta, Joel deixou unha pegada profunda, disputando 465 minutos repartidos en 10 partidos e mostrando un nivel da man da Celta Fortuna que non pasou desapercibido e que lle permitiu adestrar en varios ocasións co primeiro equipo.

O club ve nel un futuro prometedor, e esta renovación é mostra dunha confianza mutua que nace do traballo diario. Para o RC Celta, esta renovación é un merecido premio ao esforzo do xogador tras uns meses que non foron fáciles, pero que terminan da mellor das maneiras.

Parabéns, Joel!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas