O xogador da Celta Fortuna, Joel López, foi operado esta mañá de maneira satisfactoria no Hospital FREMAP Vigo polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota.
Tras a confirmación do diagnóstico de lesións do defensa, realizóuselle unha operación baseada en varias intervencións específicas: unha reinserción do lateral medial interno, unha reconstrución da cápsula, unha plastia autóloga do ligamento cruzado anterior e unha meniscectomía parcial interna.
Estímase que Joel López estará de baixa ao redor de 7 – 8 meses. O club deséxalle a Joel unha pronta e total recuperación.