O defensa catalán vén de xogar na primeira división de Polonia có Widzew Lodz
O defensa Jonathan de Amo (Barcelona, 1990) xa é novo xogador do RC Celta tras o acordo alcanzado entre o futbolista e a entidade celeste. O central, que chega en propiedade ao Celta polas próximas dúas tempadas máis outro tres opcionais, é o primeiro reforzo para o filial céltico. De Amo militou a tempada pasada no Widzew Lodz, da primeira división polaca.
Formado na UE Cornellà, Jonathan de Amo defendeu tamén as camisetas de UE Sant Andreu, Racing de Santander B e Ontiyent. Na 2012-2013 o xogador catalán uniuse ao filial do RCD Espanyol, club no que chegou a ser convocado polo primeiro equipo en varias ocasións. Tras pasar polas filas do Widzew Lodz, este central de gran envergadura, que tamén pode desempeñar a función de mediocentro defensivo, recala no Real Club Celta.