O combinado español enfrontarase a Paraguay o 14 de maio en Benidorm
O lateral do primeiro equipo Jonny Castro, canteirán do Real Club Celta, foi chamado unha vez máis pola Selección Española Sub-20.
O combinado español medirase a Paraguay o martes 14 de maio, en Benidorm, nun partido preparatorio de cara ao Mundial Sub-20. Con esta convocatoria o club continúa nutrindo ás categorías inferiores da Selección Española e Jonny aséntase nos planes da Sub-20.