
O Celta e Jorge Pérez alcanzaron un acordo para a ampliación da vinculación do mozo atacante ata 2030. O extremo, natural de Pontevedra, seguirá desenvolvendo o seu talento na Madroa nunha clara aposta do club polo crecemento da Canteira.
Jorge Pérez chegou á entidade celeste en categoría de Cadete B, onde protagonizou unha primeira tempada sobresaliente sumando 38 tantos e demostrando a súa calidade e proxección ofensiva.
Esta tempada, o mozo compaxina a súa participación no Xuvenil A, ás ordes de Alberto Suárez, cos seus primeiros pasos en Primera Federación. Co Celta Fortuna, Jorge xa participou en 7 encontros, sumando unha asistencia. Mentres, na División de Honra consolidouse como unha das principais referencias en ataque ao acumular 16 goles en 25 partidos. Un rendemento co que recibiu a primeira chamada da Selección Española sub-18 neste parón de marzo.
Coa súa continuidade, o Celta reforza a súa confianza no talento Feito na Madroa e o traballo levado a cabo nas diferentes categorías da Canteira onde, xogadores como Jorge, seguirán crecendo en casa.
Parabéns, canteirán!