A Fundación Celta de Vigo apoiou a ‘II Xornada de fútbol inclusivo e igualitario’ – promovido pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración coa Xunta e O Concello- celebrado na xornada de onte na Estrada. O Novo Campo da Estrada foi o escenario no que preto de douscentos rapaces de oito colexios galegos, participaron co fin de divertirse xogando ao fútbol á marxe das capacidades de cada un.
A actividade contemplaba un Mundialito coa participación de alumnos, docentes, futbolistas e árbitros, unha competición de Fútbol 8 que se complementou con exercicios de habilidade e precisión, con tiros a portería, que contaron co futbolista Sergio Álvarez de padriño. Tamén se impartiron charlas acerca do fomento das boas prácticas no deporte da mán dos árbitros galegos Javier Iglesias e Zulema González.
A xornada finalizou coa entrega de medallas a todos os participantes a cargo de o presidente da federación, Rafael Louzán ou a conselleira de Educación, Carmen Pomar.