20241218_CelesteSolidario_AbancaBalaidos-1
Fundación

A Fundación Celta fai entrega dos xoguetes recollidos no Celeste Solidario

RC Celta

A Fundación Celta fixo entrega á Asociación de Bombeiros de Vigo de todos os xoguetes recollidos na campaña Celeste Solidario, levada a cabo nas últimas semanas.

A tenda oficial do RC Celta foi o escenario onde o director da Fundación, Germán Arteta, e os novos patróns Rubén Martínez e Alberto García Castro fixeron a entrega de todos os xoguetes que o celtismo quixo doar para a causa. Agora, a Asociación de Bombeiros de Vigo, a través dos seus compañeiros de Valencia, entregará todo os xoguetes doados aos nenos dos pobos afectados pola DANA.

A iniciativa foi todo un éxito un ano máis, polo que desde a Fundación Celta queren mostrar o seu agradecemento coa gran participación demostrada por todo o celtismo e anima a seguir axudando para apoiar a todas as familias que están a pasar por unha situación complicada.

Grazas, afección!

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación

Noticias recomendadas