Dende cadete xa adestraba na Madroa e participaba en torneos como uno máis. Leva a camiseta celeste para todos os efectos desde que era xuvenil de primeiro ano. E levaraa ata 2027. O RC Celta asegúrase a continuidade dun dos seus canteiráns, Lauti, que acumula xa seis tempadas nas categorías inferiores do club.
Lautaro Bouzada Billar (Montevideo, 9 de febreiro de 2001), que chegou ao RC Celta no ano 2017 procedente do Portonovo SD, acumula 84 partidos co filial celeste, nos que anotou un total de catorce goles ata o momento. Disputou ademais tres partidos co primeiro equipo, un deles na súa estrea na máxima categoría.
“Moi contento por renovar co club da miña vida”, comentou o canteirán, quen destacou o gran ambiente dun grupo de xogadores ”unidos e comprometidos co equipo”.
“É un ano moi importante para todos”, engadiu Lauti, que se atopa con ganas de “demostralo e falar no campo”.