Tras a finalización do seu contrato, o pasado 30 de xuño, Lautaro de León conclúe a súa vinculación co RC Celta.
O dianteiro, que militaba cedido no CD Mirandés, pecha unha etapa co club vigués tras máis de 4400 minutos de xogo coa camiseta celeste entre canteira e primeiro equipo.
O RC Celta quere agradecerlle a Lautaro a súa implicación e dedicación nestes anos como canteirán e desexarlle moita sorte nos seus novos retos profesionais.