No día de onte celebrouse na Instalacións Deportivas de A Madroa a cuarta e última xornada da primeira edición da Liga Galega de Fútbol 8 FGDA. Unha competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado no que o Fundación Celta Integra participou con dous equipos.
Tras os resultados do día de onte, ASDAN proclamouse campión desta primeira edición con dezaoito puntos, tres máis que o Fundación Celta Integra B.
4ª xornada | Resultados
Fundación Celta Integra B 3 – 2 Saladino Cortizo B
San Rafael B 1-4 Fundación Celta Integra B
San Rafael A 2-5 Saladino Cortizo A
Saladino Cortizo B 5-2 San Rafael B
Fundación Celta Integra A 1-2 ASDAN
I Liga Galega de Fútbol 8 FGDA | Clasificación