20221023_Partido_LinaresDeportivoVsCeltaB_3
Celta b

Triunfo vital do Celta B na inexpugnable casa do Linares Deportivo (1-2)

RC Celta

O Celta B sumou unha importante vitoria a domicilio tras gañar (1-1) ante o Linares Deportivo no partido correspondente á novena xornada de liga no grupo I de Primeira Federación disputado no Municipal de Linarejos. Os celestes, que se adiantaron no marcador na primeira parte, lograron levar tres puntos moi pelexados a pesar da igualada dos locais ao principio da segunda metade.

O filial celeste tivo unha posta en escena notable nun dos campos máis difíciles da categoría, onde os locais non perdían en partido oficial dende hai case un ano. Tras avisar en tres ocasiones, o Celta B adiantaríase no marcador por medio de Raúl Blanco, que vía porta por cuarta xornada consecutiva. Un primeiro tempo no que o dominio visitante non se puido traducir en goles.

Despois do paso por vestiarios, Miguel volvía avisar no preludio do 1-1, un empate que chegaría nun penalti nos primeiros compases do segundo acto. Lonxe de supoñer un golpe, o segundo equipo céltico poñíase novamente por diante grazas a un gol de Sergio Barcia tras un servizo de Raúl Blanco desde a esquina.

Os de Claudio Giráldez afrontaron a última media hora de choque cunha vantaxe que souberon conservar con madurez, criterio e temperanza ante un Linares Deportivo que, dezasete partidos despois, vía como un equipo levaba os tres puntos de Linarejos.

O Celta B ascende ata a décimo terceira posición despois de sumar dez puntos en nove xornadas. Tras esta vitoria, o segundo equipo céltico regresará a casa para enfrontarse o vindeiro sábado 29 de outubro ás 17:00 ao Real Madrid Castilla.

FICHA TÉCNICA

1 – LINARES DEPORTIVO: Samu Casado; Dani Perejón (Javi Duarte, min. 46), Caro, Fran Callejón, Candelas; Aitor Gelardo, Rodri (Lolo González, min. 74); Abeledo (Fran García, min. 46), Fermín (Alfonso, min. 72), Álex Sancris (Hugo Díaz, min. 46); Samu Corral.

2 – RC CELTA B: Christian Joel; Carrique, Javi Domínguez, Sergio Barcia, Medrano; Martín Calderón, Hugo Sotelo (San Bartolomé, min. 74); Raúl Blanco (Lautaro, min. 63), Iker Losada (Tincho, min. 79), Hugo Álvarez (Pablo Durán, min. 79); Miguel Rodríguez (Javi Gómez, min. 74).

Goles: Raúl Blanco (0-1, min. 16); Hugo Díaz, p. (1-1, min. 49); Sergio Barcia (1-2, min. 55).

Árbitro: Sánchez Sánchez, do colexio extremeño. Amonestou a Samu Corral e Rodri, do Linares Deportivo, e a Medrano e Miguel, do Celta B.

Campo: Municipal de Linarejos.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas