20250521_CampusDeVeran_Damian_JaviRodriguez-3
Campus gl

MÁIS PRESENTACIÓNS DO CAMPUS DE VERÁN RC CELTA 2025!

RC Celta
Coas inscricións xa en marcha e a un ritmo de rexistrados moi alto, continuamos coas presentacións das diferentes sedes dos CAMPUS DE VERÁN 2025. Sedes como a do Colexio Compañía de María en Santiago de Compostela, Pabellón de Ourense ou Monforte de Lemos xa puxeron o cartel de prazas esgotadas, do mesmo xeito que os nosos campus de perfeccionamento de fútbol 8 e fútbol 11 en A Madroa. Outras sedes están moi preto de chegar ao mesmo destino, por tanto é moi importante inscribirse canto antes para poder asegurar a praza e non quedar sen vivir a experiencia do noso Campus RC CELTA este verán.
As sedes presentadas nos últimos días foron as seguintes:
VILA DO CORPUS – PONTEAREAS. Na Cidade Deportiva AFOUTEZA coa presenza dalgúns representantes do Concello de Ponteareas, do club de fútbol Vila Do Corpus e do noso canteirán DAMIÁN RODRÍGUEZ, que empezou dando as súas primeiras patadas a un balón no club de Ponteareas.
PABELLÓN OURENSE. Nas instalacións de Telemiño – La Región, coa presenza dalgúns representantes do Pabellón CF, co seu presidente á cabeza, e do Conselleiro do RC Celta, SERGIO ÁLVAREZ.
MACEDA. No Concello de Maceda coa presenza de representantes do Concello e do club de fútbol Escolas Deportivas Concello de Maceda e CD Maceda.
VICTORIA FC – SANTIAGO DE COMPOSTELA. Na sede do Victoria FC, coa presenza do presidente e do coordinador deportivo do club.
TEO. No Concello de Teo coa presenza da alcaldesa e o concelleiro de deportes.
PALAS DE REI. No campo de fútbol de Os Chacotes coa presenza do presidente do Palas CD
MARCÓN. Na Cidade Deportiva AFOUTEZA coa presenza dalgúns representantes do club de fútbol Marcón Atletico e do noso canteirán JAVI RODRÍGUEZ, lembrando as súas orixes cando xogaba de moi pequeno ó fútbol no club pontevedrés.
En todas elas coa presenza de Manu Gómez como representante de o  RC Celta e responsable da dirección dos Campus.
O noso agradecemento e satisfacción por ter tantas sedes que colaboran co RC Celta en levar a cabo esta actividade estival que ano tras ano serve de goce de centos de nenos/as por toda a nosa comunidade.
Más información e inscricións AQUÍ.
RC Celta

Etiquetas

Campus gl

Noticias recomendadas