O sorteo dos oitavos da Copa do Rey Xuvenil deparou unha esixente viaxe do RC Celta a terras andaluzas para verse as caras ante o Málaga CF. Un encontro a partido único, disputado nos campos da Federación Malagueña de Fútbol, que iría ao descanso con táboas no marcador despois dunha primeira parte moi igualada.
Con todo, tras a continuación, os de Claudio Giráldez impoñerían o seu fútbol no tramo inicial da segunda metade con dous goles practicamente seguidos. Hugo Álvarez, no 58′, e Martín Conde, no 64′, anotaban os goles dun conxunto xuvenil que xa espera rival nos cuartos de final.