16X9
A Canteira

Manu Fernández continúa co legado e renova ata 2028

RC Celta

O RC Celta segue apostando forte pola canteira e renova a un dos seus: Manu Fernández continuará vinculado ao club durante as próximas tres tempadas.

O futbolista de Narón incorporarase á pretemporada do primeiro equipo do RC Celta tras ser unha peza clave esta tempada no Celta Fortuna onde disputou un total de 32 partidos, sendo titular en 24 deles, e sumando un gol na primeira xornada ante o Barakaldo CF.

Manu Fernández, que chegou ao club no ano 2016, é un defensa moi completo que destaca pola súa versatilidade, a súa boa saída de balón e a súa personalidade sobre o terreo de xogo. A súa reconversión de centrocampista a defensa central permitiulle dar un paso máis na súa evolución e alcanzar un rendemento notable converténdose nun futbolista capaz de adaptarse a diferentes situacións de xogo, sempre competitivo e que ten un sentimento moi especial por este escudo.

E é que a súa historia no RC Celta vai moito máis alá do terreo de xogo. O mozo canteirán é a terceira xeración dunha familia que leva o escudo celeste no corazón. O seu avó, Manuel Fernández Amado, xogou en Abanca Balaídos entre 1971 e 1975, e o seu pai, Manel Fernández Anidos, tamén xogou no filial e mesmo chegou a debutar na Copa do Rey co primeiro equipo. Agora é Manu o que continua con ese legado e faio con traballo, humildade e compromiso.

O RC Celta quere dar os parabéns ao novo canteirán pola súa entrega e mostrar o seu orgullo por seguir camiñando xuntos tres tempadas máis.

Parabéns, Manu!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna

Noticias recomendadas