ESCUDO-1300x400-02
A Canteira

Marcos González, convocado coa Selección Española sub-17 para o Mundial

RC Celta

Marcos González Maestu, porteiro do RC Celta Xuvenil, gozará da súa segunda experiencia internacional coa chamada de José Lana ao Mundial de 2023. O canteirán entrou na convocatoria oficial sub-17 dos 21 futbolistas que viaxarán a Indonesia para enfrontarse ao gran reto de levantar o único título Mundial que se lle resiste a España.

Encadrado no Grupo B, o mozo celestre verase as caras con Canadá, Malí e Usbequistán na fase de grupos dunha cita mundialista que abarcará do 10 de novembro a o 2 de decembro.

Esta convocatoria supón un novo recoñecemento ao continuo traballo que o RC Celta e a súa Fundación realizan co fútbol base, ademais de reforzar a imaxe da canteira celeste como unha das que máis nutre de xogadores ás categorías inferiores da Selección Española.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas