Miguel Rodríguez e David Vilán, xuvenís do RC Celta, foron convocados de novo pola Selección Española Sub-17 para disputar un torneo internacional. A cita será do 6 ao 13 de febreiro no Algarve e o combinado nacional enfrontarase a Alemaña, Corea e Portugal.
Esta nova convocatoria chea de orgullo ao RC Celta e a súa Fundación e recompensa o traballo que realizan na formación de xogadores na Madroa.