Miguel Rodríguez e Gabri Veiga disputaron onte mércores o último partido do torneo internacional do Algarve coa Selección Española Sub-18. Os dous canteiráns do RC Celta asinaron un campionato espectacular e ambos se estrearon como goleadores co combinado nacional. Veiga anotou un tanto ante Romanía e Miguel fixo o propio no último compromiso ante Portugal, onde estableceu a igualada definitiva tras unha magnífica asistencia do seu compañeiro nas categorías inferiores celestes.
O seu alto nivel coa Sub-18 provoca unha profunda alegría no RC Celta e a Fundación e recompensa o traballo que realizan na formación de xogadores na canteira celeste.