Germain Milla, xogador do Xuvenil, renovou o seu contrato por 4 tempadas e contará con ficha do Celta Fortuna. O novo futbolista debutou co filial celeste no último partido en casa da tempada, na vitoria ante o Bilbao Athletic, converténdose no xuvenil número 14 en participar co filial este curso, un reflexo do traballo e a confianza do club na canteira.
O RC Celta agradece a Milla o seu esforzo e entrega esta tempada, e deséxalle o maior dos éxitos nesta nova etapa celeste.
Parabén, Milla! Os teus éxitos serán os nosos.