HABIB 16-9
A Canteira

Mohammed Habib Sarwari, primeiro internacional de Celta Academy

RC Celta

O xogador de Celta Academy, Mohammed Habib Sarwari, foi convocado pola selección nacional de Kenia sub-20 para participar nun torneo de preparación para a Copa África. Esta chamada marca un fito histórico en casa Celta, xa que Habib é o primeiro xogador en lograr a internacionalidade desde o programa deportivo celeste.

O novo talento unirase á expedición de Kenia en Nairobi o próximo 10 de abril, antes de viaxar a Marrocos para disputar o torneo, que servirá como preparación para a esperada Copa África Sub-20.

Esta última convocatoria internacional é unha mostra máis do traballo e compromiso do club na formación de futbolistas con proxección internacional e do gran labor do xogador esta tempada. O RC Celta quere felicitar a Mohammed pola convocatoria e desexarlle moita sorte coa selección de Kenia.

Parabéns, Habib!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Academia gl Novas canteira

Noticias recomendadas