Hemeroteca canteira

Néstor Díaz, operado de maneira satisfactoria no Hospital Vithas Fátima

RC Celta

nestordiazfront

 

O porteiro do Celta B Néstor Díaz foi operado esta mañá de maneira satisfactoria no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima polos doutores José Manuel Martínez-Sayanes, xefe do Servizo de Traumatoloxía do Hospital, e Mario Galán, médico do RC Celta.

 

O gardameta ingresou esta mañá no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima cun diagnóstico de rotura de supraespinoso e foi intervido vía artroscópica. Ademais, apreciouse unha pequena rotura do tendón subescapular, que foi reparada, e procedeuse á reparación da rotura do tendón supraespinoso.

 

O porteiro celeste, segundo establece o protocolo médico para este tipo de postoperatorio, terá o ombreiro inmobilizado durante seis semanas e a previsión médica é que poida empezar a adestrar dentro de aproximadamente catro meses. O club deséxalle a Néstor unha pronta e total recuperación.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas