O filial celeste mídese ao conxunto luso este sábado en Viana do Castelo (Portugal)
O Celta B conta con outro rival de pretempada ante o que continuar coa súa posta a punto de cara á unha nova tempada na Segunda División B. Os celestes desprázanse este sábado 1 de agosto á cidade portuguesa de Viana do Castelo para enfrontarse ao Neves FC, da liga rexional lusa.
O encontro disputarase ás 16:30, hora de Portugal, no campo do Neves FC.