imagen horizontal presentación Marcote
Actividades gl

Novas presentacións de sedes do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2022

RC Celta

Nova semana de novas presentacións de sedes dos CAMPUS DE VERÁN FUNDACIÓN CELTA BY CABREIROÁ 2022, quenda de COLEXIO MARCOTE en MONDARIZ-BALNEARIO, BARREIROS e MONDOÑEDO.

 

Este mércores desprazámonos a MONDARIZ-BALNEARIO para presentar o noso campus pernoita no COLEXIO MARCOTE, un lugar excepcional onde ademais do fútbol os participantes levarán a cabo outras actividades de tarde e noite, gozando dunha semana inesquecible entre o 4 e o 8 de Julio. Tamén existe a opción de participar do campus unicamente en sesión de mañá. Na presentación ademais do noso director da Fundación Celta, Germán Arteta, estiveron presentes Rubén López, director campus tecnolóxico aceimat, Bernardo Acevedo, director do complexo, e Javier Marcote, xerente do Hotel Cemar.

 

Na provincia de Lugo, tivemos unha dobre parada. Por segundo ano consecutivo o concello de BARREIROS volve ser sede e esperamos repetir o gran éxito que tivo o ano pasado onde se completaron todas as prazas. A presentación tivo lugar no concello e transmitíronnos o gran celtismo que se respira pola zona. No acto participaron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Daniel García; o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e membros das directivas dos equipos locais que colaboran co evento cedendo as súas instalacións. O campus será do 1 ao 5 de Agosto.

 

E MONDOÑEDO tamén volve repetir un ano máis completando a oferta de campus da Fundación Celta na mariña lucense, onde sempre hai unha gran acollida tanto por parte das autoridades da zona como por parte dos pais e nenos/ as, alí estaremos presentes a semana do 11 ao 15 de Julio. Á presentación ademais de German Arteta acudiron Manuel Otero Cadramón, xefe do servizo Provincial de Lugo, Manuel Ángel Otero alcalde de Mondoñedo, Manuel Tapia Concelleiro de Deportes, Manuel Barreira presidente do Mondoñedo FC e José Gómez presidente da Asociación Deportiva Salto do Coro.

 

Presentación sede Colexio Marcote, Mondariz-Balneario

 

Presentación sede Barreiros

 

Presentación sede Barreiros

 

Presentación sede Mondoñedo

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Campus gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas