Pape Cheikh, Diego Alende e Sergio de Paz serán celestes as cinco próximas tempadas
O Real Club Celta deu un novo paso adiante para garantir o futuro deportivo da entidade a través da súa canteira, peza fundamental do proxecto céltico: os mozos canteiráns Pape Cheikh, Diego Alende e Sergio de Paz serán celestes as próximas cinco tempadas.
Os tres xogadores formarán parte a próxima campaña do plantel do filial céltico tras o seu brillante paso o último ano polo Xuvenil de División de Honra. A continuidade no club destes prometedores futbolistas durante as cinco próximas tempadas referenda o inquebrantable compromiso do Real Club Celta para mellorar, potenciar e desenvolver a súa canteira, consolidada como unha das mellores do país grazas ao esforzo do club e a súa afección.
Pape Cheikh, que acaba de cumprir 18 anos o pasado día 8 de agosto, chegou ao Celta en categoría cadete e a súa progresión foi incesante. O centrocampista proclamouse este mesmo verán campión de Europa coa Selección Española Sub-19 e uniuse á pretempada do primeiro equipo en Alemaña unha vez finalizado este campionato.
O central Diego Alende (Santiago, 25/08/1997) tamén realizou a pretempada co primeiro equipo tras a súa gran campaña no Xuvenil de División de Honra, onde se converteu nunha peza crave no sólido armazón defensivo do equipo. Diego Alende incorporouse ao Celta en categoría alevín.
O lateral dereito Sergio de Paz (Narón, 10/06/1996), quen chegou ao club como xuvenil de primeiro ano, tamén protagonizou unha magnífica tempada no equipo dirixido por David de Dios, campión de Liga e cun brillante papel na Copa de Campións e a Copa do Rei. O defensor ofreceu un gran rendemento, cunha excepción regularidade desde a banda dereita, que percorre incansable en cada partido.
O club segue traballando con ilusión, entusiasmo e o máximo esforzo na potenciación da súa canteira, motivo de orgullo permanente para a entidade e unha afección que comprendeu, arroupado e apoiado o proxecto e aos seus protagonistas.