O novo adestrador celeste, que na súa primeira semana xa contou con algúns xogadores de categorías inferiores nos seus adestramentos, demostrou unha vez máis a súa inquietude por coñecer a canteira celeste. Miguel Cardoso e o seu corpo técnico asistiron este domingo ao Campo de Barreiro para presenciar o partido do filial céltico ante o Valladolid B.